viernes, 26 de noviembre de 2010

DORMILÓN E DORMILILLO


Hoxe coñecemos máis extranas personaxes do país das Marabillas.
Chegamos a clase e atopamos a uns rapaces durmindo. Roncaban moitísimo e non eramos quen de espertalos.
María aprendeunos a canción de espertar:
 
Esperta, esperta, espertarás.
Polos montes...
e polos ríos...
correrás... e nadarás.

E conseguimos espertalos!!!

Chámanse Dormilón e Dormilillo. Dormilón só fala de cousas grandes e Dormilillo só fala de cousas pequenas.

Tiñan uns debuxos mesturados e tivemos que axudarlles a repartilas: as cousas grandes para un e as pequenas para outro. Unha can grande é un canón .... para Dormilóm; un can pequeno é un canillo... para Dormilillo.....

Estes irmán son xemelgos e ensináronnos a xogar aos espellos coa cara: todas e todos tiñamos que imitar a cara do que daba as instrucións.

2 comentarios:

Marga dijo...

¡Gustame moito este xogo dos dous dormilons!,imitar ós demais, inclusive a nós mesmos,axúdanos a entender moitas cousas sobre as persoas; ademáis de divertirnos!.¡¡parabens Maga da Selva!!.Bicos e Arrumacos

A Maga da Selva dijo...

Tes moita razón, Marga. Non é doado colocarse diante dun espello e vérmonos reflexadas nel. Hai que aprender moito.
Moitos bicos e grazas por continuar ahí.