viernes, 25 de febrero de 2011

PASAMOS POLA PORTA PEQUENA

Hoxe tivemos a oportunidade de pasar a través da porta pequena. Foi todo un esforzo porque, aínda que somos pequenos, tivemos que arrastrarnos polo chan para poder chegar ao outro lado do túnel.

Polo camiño atopamos un tesouro: monedas de ouro. De ouro, si, pero con chocolate por dentro. Así que puidemos mercar os nosos desexos e despois dar unha lambetadas á moneda.

Agora estaremos uns días descanso e á volta.... continuaremos a nosa viaxe polo País das Marabillas.

jueves, 17 de febrero de 2011

VISITA DA MAGA DA SELVA

Por fin!!!! A Maga da Selva veu visitarnos!!! O certo é que costoulle convencérrmonos de que non era María, porque parecer parécense moito, pero por algo son supercurmás...
Chegou de súpeto... sen avisar... Fixo un truco de maxia e cambiou a cor da auga: azul, amarela, bermella e repartiu unhas pedras do comportamento, que cambian de cor cando nos portamos mal... e adiviñou quen foi o que se portou mal esta semana... menudas caras que lles quedou aos pobres!!!

viernes, 11 de febrero de 2011

A RAIÑA


A personaxe que nos visutou esta semana foi a raiña. Gústalle moito xogar a un deporte moi extraño: o sopra-bolos. Realmente é moi difícil derribar eses bolos soprando por unha palliña!!!
Tamén xogamos a discriminar obxectos con diferentes sons: M, P, S, Z, RR e T.
O mellor de todo foi que nos trouxo un novo autocolante para o noso pasaporte... xa estamos un chisco máis perto do outro lado do espello!



viernes, 4 de febrero de 2011

O XOGO DO PAÍS DAS MARABILLAS

A Maga da Selva deixounos unha vez máis o seu saco cunha nova sorpresa: un xogo moi parecido ao da oca, pero no que o protagonista é o Coello Branco: de coello a coello vou para ó outro lado do espello.

Pasámolo moi ben facendo as diferentes probas: soprar un muiño de vento, xogar ao palla-gol ou aos sopro-bolos, facendo pompas de xabón, burbullas fortes e burbullas suaves... Entre todos tivemos que ir resolvendo todas as probas e chegar ata o final; non foi doado, pero si moi divertido.