viernes, 23 de marzo de 2012

A TRAVÉS DA PORTA PEQUENA

Hoxe tivemos a oportunidade de pasar a través da porta pequena. Foi todo un esforzo porque, aínda que somos pequenos, tivemos que arrastrarnos polo chan para poder chegar ao outro lado do túnel.

Polo camiño atopamos un tesouro: monedas de ouro. De ouro, si, pero con un pouco de regaliz. Así que puidemos mercar os nosos desexos e despois dar unha lambetadas á moneda.



viernes, 16 de marzo de 2012

FESTA DE NON-CUMPREANOS

Por fin chegou o a día do NON-CUMPREANOS.
O Sombrereiro Tolo preparounos unha torta con velas e cantámoslle os PARABÉNS.

Comemos pauciños de pan sen usar as mans e estaban riquísimos..... Despois da merendola xogamos a colocarlle o rabo ao burro... a cegas, claro!!!

A verdade é que o Sombrereiro Tolo ten toda a razon: é moito mellor celebrar o Non-cumpreanos... temos maís durante o ano!!!!

miércoles, 14 de marzo de 2012

CHEGA UN CONVITE


Ola amigas e amigos:

Convídovos á festa de non cumpreanos que vou celebrar o vindeiro venres. Queredes vir?
Pois pasarei a buscarvos así que estade listos e listas para a festa.
Moitos bicos e deica o venres.
O Sombrereiro Tolo.

TOMANDO TE

A pasada semana tivemos unha sesión de te. Convidounos o Sombrereiro Tolo, unha personaxe un tanto extraña do País das Marabillas. A mesa estaba preparada, con taza, teteira, sucre... Todo o necesario para tomar o te....ao estilo do País das Marabillas, claro. Cada sorbo de te que tomamos coa palliña debíamos botalo na cunca do lado, e así ata rematar todo o líquido.
Despois vimos unhas fotos do Sombrereiro Tolo un pouco tolas, porque a
todas faltáballes algo ou tiñan algo raro... como todo neste país tan raro!!!!