viernes, 4 de febrero de 2011

O XOGO DO PAÍS DAS MARABILLAS

A Maga da Selva deixounos unha vez máis o seu saco cunha nova sorpresa: un xogo moi parecido ao da oca, pero no que o protagonista é o Coello Branco: de coello a coello vou para ó outro lado do espello.

Pasámolo moi ben facendo as diferentes probas: soprar un muiño de vento, xogar ao palla-gol ou aos sopro-bolos, facendo pompas de xabón, burbullas fortes e burbullas suaves... Entre todos tivemos que ir resolvendo todas as probas e chegar ata o final; non foi doado, pero si moi divertido.

3 comentarios:

Nuria Novelle dijo...

¡Estupendo, Maga da Selva!, non deixas de sorprendernos e os nenos están moi motivados desexando que chegue a túa clase.
Saúdos.

A Maga da Selva dijo...

Non hai nada mellor que traballar pasándoo ben... eles e tamén eu. Saúdos dende a selva.

Marga dijo...

¡Que ben feito está ese xogo do Coello Branco!,¡Ai Maga,que cousas mais boas se che ocorren!