sábado, 6 de noviembre de 2010

CÓMEME! BÉBEME!

Esta semana voltamos a seguir uns carteis por toooodo o colexio.

Unha vez mais, cada un deses carteis tiña unha orde diferente, e tivemos que percorrer o cole mordendo o beizo inferior, roncando, facendo o son dunha serpe, suxeitando unha palliña co beizo superior... Cando por fin chegamoa á clase de María...unha nova sorpresa:

Un carte que dícia CÓMEME diante dun regalices e un cartel que dicía BÉBEME diante dunha xarra de zume. Pero como ven acantecendo no Pais das Marabillas, non podemos comer nen beber de calquera xeito: temos que comer sen usar as mans, só coa axuda dos beizos e da lingua, e temos que beber dando só cinco sorbiños por unha palliña.

Pero...Ummmm! Paga a pena o esforzo porque estaban riquísimas!

Cómeme! Bébeme! on PhotoPeach

1 comentario:

Marga dijo...

¡Qué sorte que poden comer e beber!,así repoñen forzas para continuar o percorrido.Ademais deben ser mañosos á hora de levar a cabo certas cousas. Iso está ben.
Seguireivos vendo. Biquiños