sábado, 4 de junio de 2011

UNHA NOVA XINKANA

Hoxe tivemos unha nova búsqueda polo cole para completar outro puzzle.

Desta volta fixemos catro equipos: as pegas, os flamencos, as galiñas e os patos. Para poder buscar as pezas do puzzle tivemos que suparar unhas probas moi difíciles: correr á pata coxa, atopar o obxecto que desaparece nunhas láminas, nomear diferentes elementos dun campo semántico (cousas de casa, animais de granxa, etc) e mover un barco pola auga soprándolle.
Unha vez superadas todas as probas, completamos os nosos puzzles e recibimos outro premio: un novo autocolante para o noso pasaporte.

2 comentarios:

Marga dijo...

¡Ai Maga, o curso está rematando! Tes que darnos algúns trucos dos teus para facer este verán cos nosos pequerrechos!.Arrumacos!!

A Maga da Selva dijo...

Pois si, estamos chegando ao final desta viaxe e pronto pasaremos ao outro lado do espello. Seguro que no verán o pasada de maravillas descansando todos xuntos.
Moitos bicos e achuchóns.