viernes, 8 de octubre de 2010

O SACO DA MAGA DA SELVA

Hoxe chegamos a clase e atopámonos cunha estupenda sorpresa... o saco da Maga da Selva.

Pola clase escoitábase un ruído TIC-TAC, TIC-TAC... Buscando, buscando, atopamos un RELOXIO. Detrás tiña escrita unha canción e cantámola marcando o ritmo por toda a aula.


TIC-TAC, TIC-TAC,
O TEMPO PASANDO ESTÁ.
TIC-TAC, TIC-TAC
HAI! QUE NON VOU CHEGAR.


Despois miramos dentro do saco. Atopamos unhas letras e o debuxo dun paraugas cunha nova pista:

Para as letras poder mirar
as miñas gafas terás que atopar.


Buscamos as gafas e cando as atopamos puidemos clasificar as diferentes letras.

Pasámolo moi ben pero non sabemos de quen serán todas estas cousas.  


Teremos que esperar e ver que máis acontece!!! 


O saco da Maga da Selva on PhotoPeach

4 comentarios:

Marga dijo...

Me parece muy emocionante este viaje.Creo que habrá muchas aventuras y sorpresas increíbles.
¡¡¡Ánimo niños!!!

Anónimo dijo...

Noraboa pola iniciativa. Unha maneira moi divertida de que aprendamos todos/as e unha "ventá" a través da cal podemos disfrutar xunto cos nosos nenos.

SERGIO dijo...

Enhorabuena por la iniciativa y espero que participemos todos!!

Anónimo dijo...

Moitisimas grazas polos vosos ánimos. Espero vervos moito a través desta fiestra aberta para vos.
A Maga da sElva