Hoxe presentáronse os Flamencos na nosa aula. Cunha música suave de fondo falamos de como e onde viven, das súas plumas… Despois deronnos unha pluma a cada un de nos e fixemos diferentes movementos con elas: tocamos as diferentes parte da nosa cara e do noso corpo e despois fixemos o mesmo cun compañeiro ou cunha compañeira. Foi moi relaxante.
Xa relaxados, fixemos uns exercicios de sopro coas plumas: agora forte, agora suave, longo, curto,...E como agora somo flamencos e flamencas, puxémonos un nome novo e a profe agora chámase Flamenría. A ver se sabes como nos chamamos cada un de nos?
2 comentarios:
Curiosos nomes e moi divertidos. Vou intentar facer o meu.
Flamenbicos!!!!
Flamengrazas flamenmarga!
Publicar un comentario