sábado, 26 de noviembre de 2011

OUTRA VISITA DA EIRUGA

Hoxe voltou a visitármonos a eiruga das pompas de xabón. Desta volta fixemos unha composición coas sílabas de cores cantamos o que poñía.

Cantamos con diferentes ritmos, con diferentes tons e diferentes volumes.

Tamén fumos quen de facer combinacións de sílabas: memo, amo...e de léndoas!

E ao final de todo, unha sorpresa... outro autolante para o noso pasaporte. Esta vez era o da eiruga. 
Xa temos dous! Que ben!

viernes, 18 de noviembre de 2011

VISÍTANOS UNHA NOVA PERSONAXE


Hoxe coñecemos unha nova personaxe que vive no País das Marabillas: a eiruga.

Estaba sentada nunha das mesa de clase e traía consigo unha chea de fotos e debuxos.


A eiruga propúxenos organizar ese debuxos gardando dentro da caixa tan só aqueles que contiñan a letra M.

O que máis nos gustou foi que imitamos a voz da nosa amiga, porque fala cun ton "lánguido e somnolento”, así que fumos nomeando os debuxos con esa voz.


A esta eiruga gústalle moito facer pompas de xabón, así que nos tamén as fixemos. Foi moi divertido!

viernes, 11 de noviembre de 2011

CÓMEME! BÉBEME!

Esta semana voltamos a seguir uns carteis por toooodo o colexio.

Unha vez mais, cada un deses carteis tiña unha orde diferente, e tivemos que percorrer o cole mordendo o beizo inferior, roncando, facendo o son dunha serpe, suxeitando unha palliña co beizo superior... Cando por fin chegamoa á clase de María...unha nova sorpresa:

Un carte que dícia CÓMEME diante dun regalices e un cartel que dicía BÉBEME diante dunha xarra de zume. Pero como ven acantecendo no Pais das Marabillas, non podemos comer nen beber de calquera xeito: temos que comer sen usar as mans, só coa axuda dos beizos e da lingua, e temos que beber dando só cinco sorbiños por unha palliña.

Pero...Ummmm! Paga a pena o esforzo porque estaban riquísimas!

sábado, 5 de noviembre de 2011

O PRIMEIRO AUTOCOLANTE

Hoxe fumos dicindo cada quen a poesía. Todas e todos soubémola perfetamente!

A recompensa a tanto esforzo foi...o primeiro autocolante para o noso pasaporte: un reloxio como o do Coello Branco.
Tamén atopamos unhas imaxes pegadas no espello da clase. Temos que recoñecer cada unha desas imaxes polos sons que escoitamos. Foi moi divertido adestrar os noso oídos!!





lunes, 24 de octubre de 2011

UNHA MENSAXE DE ALICIA

Hoxe chegamos a clase e atopámonos con dúas sorpresas...unha mensaxe de Alicia e o saco da Maga da Selva!! Dentro estaban uns pasaportes para viaxes polo país das Marabillas.
 


Nos non sabíamos se sería o dono das cousas misteriosas, así que chamamos a Alicia e comprobamos que ese Coello Branco ten unha paxariña vermella, gafas redondas e todo o que fumos atopando.

Alicia dinos que si, que todas esas cousas son do Coello Branco e que pode estar no LABIRINTO.

Saimos da clase e buscamos o labirinto por todo o cole. Atopámolo na entrada e tivemos que soprar as boliñas de papel para poder ler unha nova mensaxe:


Se a historia queres continuar,
estas palabras terás que estudiar:

Esta é a porta do castelo real,
esta é a chave da porta do castelo real,
esta é a corda da chave da porta do castelo real,
este é o rato que enrrollou a corda da chave da porta do castelo real,
este é o gato que trabou ó rato que enrrollou a corda da chave da porta do castelo real.

Así que durante esta semá teremos que estudiar esta poesía. A ver se a aprendemos!!!

sábado, 22 de octubre de 2011

O MURAL DESAPARECEU

Non pode ser... desapareceu o mural da clase!!!!

E ninguén viu nada. Que misterio máis extrano!!!!

miércoles, 19 de octubre de 2011

DE QUEN SERÁN TODAS ESTAS COUSAS?

Hoxe estivemos dándolles voltas a quen podía ser o dono ou a dona de todas estas cousas. Mirándo polo muído as novas prendas, tamén tiñan probas para facer na clase:

O chaleco fíxonos traballar a conciencia fonolóxica xogando con palabras ás que lle desaparecen a última sílaba.

A chaqueta preguntounos por diferentes "prendas de roupa”.  

A paxariña tivemos que colocala no pescozo para cantar a canción do TIC-TAC con voz aguda cando está apertada e con voz grave cando está frouxa.

Coas cenouras temos que facer diferentes praxias movendo a lingua e os beizos.


Aos poucos, fumos quen de resolver todas as probas e compor unha figura con todas as prendas. Pero... seguimos coa mesma pregunta...de quen serán todas estas cousas?  Parecer...parece un coello.
 

Esperando novas, deixamos o mural na parede de clase... a ver que pasa!!!!

viernes, 14 de octubre de 2011

ESTÁN APARECENDO COUSAS...

Estes días foron aparecendo máis cousas polo noso cole:

Primeiro apareceron unha chaqueta e unhas gafas no ximnasio.

Despois un chaleco no cesto da merenda e unha  cenoura no encerado. 


Cando xa pensabamos que nada máis sorprendente podía acontecer, apareceu... unha paxariña !!!


Pero de quen serán todas estas cousas?

miércoles, 12 de octubre de 2011

CHEGA O SACO DA MAGA DA SELVA

Esta semana chegamos a clase e atopámonos cunha estupenda sorpresa... o saco da Maga da Selva.

Pola clase escoitábase un ruído TIC-TAC, TIC-TAC... Buscando, buscando, atopamos un RELOXIO. Detrás tiña escrita unha canción e cantámola marcando o ritmo por toda a aula.


TIC-TAC, TIC-TAC,
O TEMPO PASANDO ESTÁ.
TIC-TAC, TIC-TAC
HAI! QUE NON VOU CHEGAR.


Despois miramos dentro do saco. Atopamos unhas letras e o debuxo dun paraugas cunha nova pista:

Para as letras poder mirar
as miñas gafas terás que atopar.


Buscamos as gafas e cando as atopamos puidemos clasificar as diferentes letras.

Pasámolo moi ben pero non sabemos de quen serán todas estas cousas.  


Teremos que esperar e ver que máis acontece!!! 

Click to play this Smilebox scrapbook

UNHA NOVA AVENTURA

Ola a todas e todos:

Co novo curso comeza unha nova e apaixonante aventura ao longo do País das Maravillas. Cada semana, os nenos e as nenas de educación infantil de 5 anos gozarán cunha viaxe que finalizará do outro lado do espello.

Boa viaxe!

sábado, 18 de junio de 2011

FINAL DA VIAXE

Chegamos ao final da nosa viaxe polo país das maravillas. Xa temos completo o noso pasaporte e podemos pasar ao outro lado do espello. 

Porque fumos quen de superar todas as probas ao longo deste tempo, porque traballamos en equipo e aprendemos a respectar aos demais e a gardas as quendas de palabra.... por todo iso, a Maga da Selva deixounos os Diplomas "do outro lado do espello". Iso si, antes tivemos que facer unha promesa:

Prometemos respectar a todas as persoas e personaxes do outro lado do espello.
E axudar cando sexa necesario.




Espero que gozárades coas nosas aventuras. Moitísimas grazas por estar ahí e participar cos vosos comentarios.
Vémonos o vindeiro curso.
Moitos bicos e achuchóns para repartir.

sábado, 11 de junio de 2011

A VISITA DO REI

O rei está triste e pediunos que o animáramos cun baile. Así que saimos ao patio e cantamos unha canción na que cada unha e cada un de nos tiña que facer unha aportación: decidir con que parte do noso corpo íamos bailar.

O rei de corazóns baila, baila, baila.
O rei de corazón baila co DEDO
Así Baila co dedo, así baila de ben.

O rei de corazóns baila, baila, baila.
O rei de corazóns baila coa LINGUA.
Así baila co dedo, así baila coa lingua, así baila de ben.
..... 
E para rematar chegounos un novo autocolante para pasaporte... o derradeiro e …xa está completo... que pasará a vindeira semana!!!!!




sábado, 4 de junio de 2011

UNHA NOVA XINKANA

Hoxe tivemos unha nova búsqueda polo cole para completar outro puzzle.

Desta volta fixemos catro equipos: as pegas, os flamencos, as galiñas e os patos. Para poder buscar as pezas do puzzle tivemos que suparar unhas probas moi difíciles: correr á pata coxa, atopar o obxecto que desaparece nunhas láminas, nomear diferentes elementos dun campo semántico (cousas de casa, animais de granxa, etc) e mover un barco pola auga soprándolle.
Unha vez superadas todas as probas, completamos os nosos puzzles e recibimos outro premio: un novo autocolante para o noso pasaporte.

sábado, 28 de mayo de 2011

AS PLUMAS DOS FLAMENCOS

Hoxe presentáronse os Flamencos na nosa aula. Cunha música suave de fondo falamos de como e onde viven, das súas plumas… Despois deronnos unha pluma a cada un de nos e fixemos diferentes movementos con elas: tocamos as diferentes parte da nosa cara e do noso corpo e despois fixemos o mesmo cun compañeiro ou cunha compañeira. Foi moi relaxante.

Xa relaxados, fixemos uns exercicios de sopro coas plumas: agora forte, agora suave, longo, curto,...E como agora somo flamencos e flamencas, puxémonos un nome novo e a profe agora chámase Flamenría. A ver se sabes como nos chamamos cada un de nos?

sábado, 14 de mayo de 2011

O GATO E O RATO

O gato que desaparece volveu polo cole. Claro que só poidemos ver o seu brillante sorriso. Trouxo un xogo de sombras que nos gustou moito: unha cebra, un morcego, e moitos animais máis fixxeron voar a súa sombra polas nosas mesas.

Despos aprendemos unha canción:
O gato sorriso
está a chegar
a ver se adiviñas
que cara porá .

E claro... xogamos ás expresións co gato.

FESTA DE SONS E INSTRUMENTOS

A semana pasada tivemos que agudizar moito os oídos. Tratábase de adiviñar que instrumento estaba sonando...e sen miralo!!!

O certo é que non é doado, pero entre todas e todos conseguímolo. E despois tivemos que imitalos.

Tamén fixemos exercicios de ritmo:

Se escoitamos un piano...............saltamos.
Se escoitamos un tambor............roncamos.
Se escoitamos uns platiños..........sentámonos no chan.

Menudo lio montamos en clase!

viernes, 15 de abril de 2011

LIM DO PAÍS DAS MARABILLAS

Alicia tróuxonos as TIC ao cole. Hoxe tivemos que resolver diferentes actividades xogando co encerado dixital e o EdiLim. Fixemos puzles, discriminación auditiva e un montón de cousas máis.

E para que podades continuar xogando e aprendendo na casa, aquí tedes o noso xogo do país das Marabillas. Para aumentar a imaxe preme na ventá branca que semella unha pantalla.

sábado, 9 de abril de 2011

NA CASA DA RAIÑA

Comezamos o terceiro trimestre visitando a casa da raiña do páis das marabillas.
Alí tivemos que adiviñar...unhas adiviñas, claro. E con cada resposta xogabamos ao bingo "das cousas da raiña".


E rematamos a visita á casa da raiña cantando co karaoke....


sábado, 26 de marzo de 2011

CELEBRAMOS O NON-CUMPREANOS

Por fin chegou o a día do NON-CUMPREANOS.
O Sombrereiro Tolo preparounos unha torta con velas e cantámoslle os PARABÉNS.

Comemos pauciños de pan sen usar as mans e estaban riquísimos..... Despois da merendola xogamos a colocarlle o rabo ao burro... a cegas, claro!!!

A verdade é que o Sombrereiro Tolo ten toda a razon: é moito mellor celebrar o Non-cumpreanos... temos maís durante o ano!!!!



jueves, 24 de marzo de 2011

CONVITE DE NON-CUMPREANOS


Ola amigas e amigos:

Convídovos á festa de non cumpreanos que vou celebrar o vindeiro venres. Queredes vir?
Pois pasarei a buscarvos así que estade listos e listas para a festa.
Moitos bicos e deica o venres.
 
O Sombrereiro Tolo.

viernes, 18 de marzo de 2011

TOMAMOS O TE

Hoxe tivemos unha sesión de te. Convidounos o Sombrereiro Tolo, unha personaxe un tanto extraña do País das Marabillas. A mesa estaba preparada, con taza, teteira, sucre... Todo o necesario para tomar o te....ao estilo do País das Marabillas, claro. Cada sorbo de te que tomamos coa palliña debíamos botalo na cunca do lado, e así ata rematar todo o líquido.
Despois vimos unhas fotos do Sombrereiro Tolo un pouco tolas, porque a
todas faltáballes algo ou tiñan algo raro... como todo neste país tan raro!!!!


viernes, 25 de febrero de 2011

PASAMOS POLA PORTA PEQUENA

Hoxe tivemos a oportunidade de pasar a través da porta pequena. Foi todo un esforzo porque, aínda que somos pequenos, tivemos que arrastrarnos polo chan para poder chegar ao outro lado do túnel.

Polo camiño atopamos un tesouro: monedas de ouro. De ouro, si, pero con chocolate por dentro. Así que puidemos mercar os nosos desexos e despois dar unha lambetadas á moneda.

Agora estaremos uns días descanso e á volta.... continuaremos a nosa viaxe polo País das Marabillas.

jueves, 17 de febrero de 2011

VISITA DA MAGA DA SELVA

Por fin!!!! A Maga da Selva veu visitarnos!!! O certo é que costoulle convencérrmonos de que non era María, porque parecer parécense moito, pero por algo son supercurmás...
Chegou de súpeto... sen avisar... Fixo un truco de maxia e cambiou a cor da auga: azul, amarela, bermella e repartiu unhas pedras do comportamento, que cambian de cor cando nos portamos mal... e adiviñou quen foi o que se portou mal esta semana... menudas caras que lles quedou aos pobres!!!

viernes, 11 de febrero de 2011

A RAIÑA


A personaxe que nos visutou esta semana foi a raiña. Gústalle moito xogar a un deporte moi extraño: o sopra-bolos. Realmente é moi difícil derribar eses bolos soprando por unha palliña!!!
Tamén xogamos a discriminar obxectos con diferentes sons: M, P, S, Z, RR e T.
O mellor de todo foi que nos trouxo un novo autocolante para o noso pasaporte... xa estamos un chisco máis perto do outro lado do espello!



viernes, 4 de febrero de 2011

O XOGO DO PAÍS DAS MARABILLAS

A Maga da Selva deixounos unha vez máis o seu saco cunha nova sorpresa: un xogo moi parecido ao da oca, pero no que o protagonista é o Coello Branco: de coello a coello vou para ó outro lado do espello.

Pasámolo moi ben facendo as diferentes probas: soprar un muiño de vento, xogar ao palla-gol ou aos sopro-bolos, facendo pompas de xabón, burbullas fortes e burbullas suaves... Entre todos tivemos que ir resolvendo todas as probas e chegar ata o final; non foi doado, pero si moi divertido.

viernes, 28 de enero de 2011

CARTAS E MAIS CARTAS... UNHA BARALLA!!!

Unha nova personaxe do país das Marabillas. En realidade moitas personaxes!!!! Toda unha pandilla de cartas dunha baralla.
Cada un de nós recibiu tres desas cartas e tivemos que recoñecer a que nos pedían fixándonos moi polo miudo.
Tamén xogamos a a seguir, cos ollos tapados, o son do axóuxere do gato do sorriso e a marcar o ritmo con instrumentos de percusión.
Ao final de todo, María entregounos un novo autocolante para os nosos pasaportes... o do gato, claro!



viernes, 21 de enero de 2011

O GATO DO SORRISO

Este sorriso foi o que atopamos hoxe na fiestra de clase... Menudo susto! Para que non tivéramos medo, María ensinounos a canción de protexérmonos, que serve para non ter medo.

E ademais desapareceron a caixa dos xoguetes e as cestas das merendas! O responsable das desaparicións é o gato que ten ese sorriso, o gato que desaparece.
Este gato tamén fixo desaparecer personaxes do país das Marabillas e agochou a sombra dalgúns deles. Menudo gato! Así que tivemos que axudarlles a recuperalas.

sábado, 15 de enero de 2011

ALICIA CHORANDO

Hoxe Alicia estaba chorando en clase. Falamos durante moito tempo de como se sentía, porque estaba chorando e contamos tamén por que chorábanos nos.. .por que nos poñemos tristes algunha veces.

Este serviunos para falar doutras emocións. Miramos caras con diferentes expresións e falamos de como se sentían... porque podían sentirse así... e imitamos esas expresións.