Hoxe tivemos a oportunidade de pasar a través da porta pequena. Foi todo un esforzo porque, aínda que somos pequenos, tivemos que arrastrarnos polo chan para poder chegar ao outro lado do túnel.
Polo camiño atopamos un tesouro: monedas de ouro. De ouro, si, pero con chocolate por dentro. Así que puidemos mercar os nosos desexos e despois dar unha lambetadas á moneda.
Agora estaremos uns días descanso e á volta.... continuaremos a nosa viaxe polo País das Marabillas.
2 comentarios:
¡Votarémoste en falta Maga! Que pases un bó entroido.Estaremos atentos,non vaia ser que aparezas agochada noutra personaxe.¡ Olliño co que fas!! Bicos!!
Voltaremos ao traballo despois do entroido... un pouco de troula de cando en vez é moi aconsellable para o corpo e para a mente.
Bicos agochados detrás dun nariz vermello.
Publicar un comentario