viernes, 17 de diciembre de 2010

ALICIA CRECE... CRECRE... CRECE...

Menudo susto levamos hoxe cando chegamos á clase : Os brazos e as pernas de Alicia saían de dentro da casa do Coello Branco! E non como debían saír, non! Pola chimenea, polas xanelas...por onde podían. Creceu tanto...tanto...tantísimo...que quedou atrapada dentro da casa.

Xogamos a recoñecer polo tacto (sen mirar, claro) as cousas que había dentro da casa do Coello Branco, e tiñemos que dar pistas aos nosos compañeiros e compañeiras para que adiviñaran de que se trataba. E dar pistas é moi difícil!!

Pero as sorpresas do día non rematan aquí. Alguén petou na porte da aula e cando fumos abrir non atopamos a ninguén... tan só estaba un saco... o saco da Maga da Selva con....agasallos de Nadal... Agasallo poéticos de Nadal para adiviñar de quen eran polas rimas: un parchís para Luis, unha batería para María, ... Non quedou ninguén sen o seu agasallo poetíco.
Grazas Maga!

3 comentarios:

Marga dijo...

¡Esta Maga que ben coida a estes nenos,deben querela moito polas cousas que lles fai!.Eres especial Maga,Gracias!!!!!

A Maga da Selva dijo...

Estes nenos e nenas ben merecen os agasallos... e os meus coidados.
Moitos bicos poéticos.

nuria dijo...

tan só hai que ver as caras dos nenos, para saber que es unha boa Maga e unha Maga mooooi boa!!
grazas por facernos partícipes de eses momentos no cole.
bicos!!