viernes, 27 de enero de 2012

O GATO QUE DESAPARECE

Este sorriso foi o que atopamos hoxe na fiestra de clase... Menudo susto! Para que non tivéramos medo, María ensinounos a canción de protexérmonos, que serve para non ter medo.

E ademais desapareceron a caixa dos disfraces e algúns xoguetesas! O responsable das desaparicións é o gato que ten ese sorriso, o gato que desaparece.
Este gato tamén fixo desaparecer personaxes do país das Marabillas e agochou a sombra dalgúns deles. Menudo gato! Así que tivemos que axudarlles a recuperalas.

viernes, 20 de enero de 2012

A BARALLA DOS PAÍS DAS MARABILLAS

Unha nova personaxe do país das Marabillas. En realidade moitas personaxes!!!! Toda unha pandilla de cartas dunha baralla.
Cada un de nós recibiu tres desas cartas e tivemos que recoñecer a que nos pedían fixándonos moi polo miudo.
Tamén xogamos a a seguir, cos ollos tapados o son do axóuxere e a marcar o ritmo con instrumentos de percusión.

viernes, 13 de enero de 2012

ALICIA ESTÁ CHORANDO

Retomamos a nosa viaxe despois deste longo parón navideño. E, como non podía ser doutro xeito, a Maga da Selva tíñanos preparada unha sorpresa: os agasallos poéticos. Así, fumos recibindo unha portería (María), un superman (Adrián), etc. Toda unha sorpresa navideña!!!

Ademais, atopámono con Alicia, que estaba chorando na nosa clase. Falamos durante moito tempo de como se sentía, porque estaba chorando e contamos tamén por que chorábanos nos e por que nos poñemos tristes algunha veces.

Este serviunos para falar doutras emocións. Miramos caras con diferentes expresións e falamos de como se sentían... porque podían sentirse así... e imitamos esas expresións.